A resposta é sencilla: UNHA AVENTURA POLO MONTE
Un rastrexo é actividade nocturna, lúdica e deportiva que ofrece a posibilidade de gozar dunha experiencia distinta, dun xogo deseñado para que sexa unha auténtica aventura, dinámico e emocionante, que pon a proba tódalas aptitudes dos participantes, tanto físicas como mentais, a súa resistencia, enxeño e capacidade de tomar decisións que afecten a todo o grupo.
Dispútase por equipos, formados cada un deles por entre cinco e dez integrantes, onde o obxectivo consiste en completar un percorrido trazado polo monte, dunha lonxitude aproximada de nove km, seguindo un itinerario marcado por frechas ou ben interpretando un mapa ou ámbalas dúas formas ó tempo. Tamén existe algunha modalidade de orientación, onde o percorrido descóbrese seguindo unhas coordenadas proporcionadas previamente e coa axuda dun compás. Ao longo do traxecto hai que enfrontarse a probas diversas, de habilidade, razoamento, cada cal máis enxeñosa e como non, rastrexar, na procura de obxectos agochados ou códigos pintados sobre pedras ou árbores.
Non hai que esquecerse do escenario principal, un camiño naturalmente accidentado, que obriga a superar terrapléns, superficies pedregosas, cursos fluviais e se isto fora pouco, obstáculos introducidos pola propia organización como cordas entrelazadas, túneles para pasar de xeonllos e mesmo tobogáns e tirolinas que, sen dúbida, acrecentan a diversión.
A temática que ambienta os rastrexos é variada, xa que depende da capacidade imaxinativa dos organizadores. Algúns optan por prescindir de ambientación, dándolles protagonismo ás probas. Outros, non obstante, decántanse por un rastrexo ambientado na época, nalgunha historieta de cómic ou no terror, sendo este un recurso moi empregado, que ademais fascina a moitos afeccionados. Aproveitando a escuridade da noite, diversos seres arrepiantes agochados ao longo do camiño, non dubidan en tender emboscadas ós participantes, co fin de crear situacións verdadeiramente angustiosas, asustando ós máis descoidados.
En definitiva, un rastrexo é un pasatempo, para uns, unha forma de liberar adrenalina, para outros, unha alternativa de ocio idónea para rozar coa xente e coa natureza, e para os máis estresados, un lugar onde atopar o equilibrio psíquico fuxindo do bulicio cotián.